A revista Folía celebra o seu 20 aniversario e homenaxea á mocidade boirense

01 Xullo 2025

O Concello de Boiro vén de publicar unha nova edición da revista Folía, que se edita cada ano con motivo das Festas do Verán. O alcalde, José Ramón Romero, a concelleira de Cultura, María Outeiral; e o técnico de cultura, Alberto García, participaron na presentación da publicación, que tivo lugar este luns no Centro Social de Boiro.

A revista Folía celebra o seu 20 aniversario e con este motivo reforzouse aínda máis a súa dimensión dinamizadora máis alá do formato de axenda festeira: “Folía quere ser máis que un programa de festas, é unha publicación cultural”, afirmou Alberto García, engadindo que a revista recolle artigos, realizados por colaboradores locais, que aportan a súa visión da actualidade no municipio como Lucía Rodríguez, da revista O Ferrado; Milagros Torrado; Elena Dosil ou A Gamela.

Este ano, para conmemorar o 20 aniversario a revista fai unha escolma-seleccion dalgunhas das portadas de Folía ao longo dos vinte anos e tamén artigos que formaron parte da revista as festas dende 1963, moito antes de que se lle puxese esta denominación.

A revista Folía recolle tamén a información sobre o programa das Festas do Verán, que se celebran do 4 ao 9 de xullo e que contén propostas para todos os públicos e grupos de idade.

“Dende o departamento de cultura traballamos durante meses con moito cariño para sacar adiante este programa que contén propostas tradicionais con grupos locais, grandes orquestras, outros espectáculos pensados para a xente maior e tamén propostas para a mocidade”, afirmou María Outeiral.

Cada ano a publicación recolle información sobre o colectivo homenaxeado nas festas e este ano 2025 é a mocidade boirense referente, rapaces e rapazas do municipio que destacan en colleitan éxitos en ámbitos tan diversos como a ciencia, as artes, a moda, o deporte, a cultura… Unha representación desta mocidade referente serán o colectivo homenaxeado tamén no pregón que dará comezo ás Festas do Verán 2025.

O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu a implicación de todos os que forman parte desta revista das festas que marca o inicio das celebracións e convidou á veciñanza de Boiro e a comarca a “desfrutar con nós estes días que temos por diante”. “Quero tamén agradecer a todo o departamento de cultura polo seu traballo, así como a todo o persoal municipal como a Policía Local, Protección Civil, limpeza, recollida de lixo… que traballan estes días para que poidamos desfrutar de Boiro e das nosas festas”.

PROGRAMA DAS FESTAS DO VERÁN

Venres 4 de xullo 

20.00h – Foguetes dando comezo ás Festas de Boiro 2025

20.30h – Ruada coa charanga BB+

22.00h – Pregón en homenaxe á mocidade referente boirense na Praza de Galicia

22.30h – Verbena coa orquestra New York na Praza de Galicia 

23.00h – Concerto: Montedapena + Curi na Praza da Terceira Idade 

23.00h – V Remember fest e Peñas Boiro AC no Parque da Cachada 

Sábado 5 de xullo 

10.00h – Alborada a cargo de Os Pequenos do Barbansa 

12.00h – Festa da malla na Praza de Galicia coa Asociación Abrañeira, baile galego con Pedra da Aroña e concerto de Lumieira 

22.30h – Verbena coa orquestra La banda de Ayer na Praza de Galicia 

23.00h – Concerto: De Ninghures na Praza da Terceira Idade

24.00h – Concerto tributo a Joaquin Sabina na Praza de Galicia 

Domingo 6 de xullo 

10.00h – Alborada a cargo de Ar de Loureda 

12.00h – Baile galego con Abeloura, Xilbarbeira e grupo de baile de Abanqueiro na Praza da Terceira Idade 

12.00h – Sesión vermú co grupo Tregua na rúa peonil

20.00h – Concerto da Banda de Música de Rianxo na Praza da Terceira Idade

22.00h  – Verbena coa orquestra Suavecito na Praza de Galicia 

24.00h – Gran espectáculo piromusical con Fran Sieira na praia de Barraña 

01.00h – Orquestra Origen na Praza de Galicia 

Luns 7 de xullo 

10.00h – Alborada a cargo do grupo Arume 

12.00h – Cantos de taberna cos grupos Os da Boina e Mar de Cabo 

12.00h – Día das Peñas no Parque da Cachada: Xogos peñeiros, festa infantil, festa da auga e mangueirazo de honra, sesión vermú, xantar peñeiro e sesión DJ

21.00h – Concerto familiar con Uxía Lambona e a Banda Molona na Praza da Terceira Idade 

22.30h – Verbena orquestra Assia na Praza de Galicia 

23.30h – Tributo a U2 na Praza de Galicia 

Martes 8 de xullo 

10.00h – Alborada a cargo do grupo Arume 

12.00h – Cantos de taberna con A Dorniña de Abanqueiro e Xoaniñas 

22.30h – Verbena coa orquestra Marbella na Praza de Galicia 

23.00h – Concerto de Pava + Señora DJ na Praza da Terceira Idade

24.00h – Orquestra Paris de Noia na Praza e Galicia 

Mércores 9 de xullo 

10.00h – Alborada a cargo do grupo Arume 

12.00h – Cantos de taberna con Nunca é Tarde e Aires do Marbella 

13.00h – Sesión vermú con The Cuncas na rúa peonil 

22.00h – Show de DJ Matrek na Praza de Galicia 

23.00h – Concerto de Hugo Guezeta na Praza da Terceira Idade

23.00h – Orquestra Panorama na Praza de Galicia  

2.30h – Fin de festa con DJ Matrek na Praza de Galicia 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.