A XIV Regata Congalsa surcará augas do Barbanza este sábado coa Volta a Sálvora como gran desafío

30 Xuño 2025

O próximo sábado 5 de xullo, o “Club Náutico Deportivo de Riveira” acollerá a XIV edición da Regata Congalsa, unha cita xa consolidada no calendario deportivo galego, cuxo principal aliciente será a tradicional circunnavegación da Illa de Sálvora. A competición está dirixida a embarcacións das clases ORC Regata, Cruceiro/Regata e Cruceiro, cunha previsión de participación de máis dunha vintena de veleiros.

Foto Juan Caballero

O evento foi presentado na biblioteca do club, nun acto que contou coa presenza do presidente do Náutico, José Luis Torres Colomer; a Xefa de Relacións Institucionais de Congalsa, Ana Garrido; o Comodoro do club, José Luis Lomba, e o tesoureiro, Xusto Arevalillo.

“Estamos orgullosos de poder colaborar cun evento tan arraigado na nosa comarca, que reforza os valores do deporte e o compromiso coa contorna”, expresou Ana Garrido, en representación da empresa patrocinadora. Congalsa, un ano máis, apoia esta regata que combina deporte, paisaxe e tradición mariñeira nas augas do Barbanza.

O presidente do Náutico destacou a relevancia do día para o club: “Hoxe celebramos tres boas noticias para a vela: o regreso do Trofeo Faro de Corrubedo, o título autonómico conseguido por Bruno Iglesias na Copa de Galicia, e a presentación desta nova edición da Regata Congalsa”, afirmou Colomer.

Posibles percorridos e previsións favorables

Durante a presentación, o comodoro José Luis Lomba detallou os cinco posibles percorridos, con distancias de entre 14 e 17 millas náuticas, que se adaptarán ás condicións meteorolóxicas do día. Aínda que o trazado preferente é a volta á Illa de Sálvora, tamén se contempla unha alternativa polo interior da ría de Arousa e mesmo a circunnavegación da Illa de Rúa.

A decisión final tomarase na reunión de patróns prevista para as 12:30 horas do sábado, pouco antes de que se dea o Top de saída ás 14:00 horas. Segundo os modelos actuais, espérase vento do norte, ideal para un percorrido lineal con spinnaker en baixada, o que achegaría maior seguridade e fluidez á regata, ao evitar manobras esixentes mar dentro.

A entrega de premios terá lugar ao termo da proba, nas instalacións do propio club, nun ambiente festivo que reforzará o espírito de comunidade e paixón pola vela que define esta regata.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.