Peperetes-Nortemar e Bon III, únicos sobreviventes ao vento na primeira xornada da Ramiro Carregal Rey

29 Xuño 2025

Juan Caballero (texto e imaxes). Disputouse a primeira xornada da Regata Ramiro Carregal Rey – Gran Trofeo Faro de Corrubedo, que puntúa para a Copa Galicia de Cruceiros e organizada polo Real Club Náutico de Portosín, coa colaboración do Club Náutico Deportivo de Ribeira. Proba de trazado costeiro entre as rías de Arousa e a de Muros e Noia, con 20,79 millas de distancia. Saída puntual desde as inmediacións da bocana ao porto de Ribeira, cun vento frouxo do noroeste, que era a previsión.

Día moi decisivo para os tácticos, xestionando os bordos, complicados pola falta de fol nas velas e co hándicap dunha mar en contraste e de fondo entre os pasos do Carreiro, Sagres e Corrubedo que nos lle permitía entrar en velocidade.

Numerosos repiquetes para ir axustando o rumbo coa proa mirando cara á entrada na ría noiesa e muradá, onde, á altura do Son situárase a liña de chegada, unha entrada que só puideron executar dous veleiros, o Bon III, de Víctor Carrión, do Club Náutico Punta Lagoa; e o Peperetes-Nortemar, de José Manuel Millán, do Real Club de Regatas de Galicia de Vilagarcía.

O resto da frota, moi dispersa, retirábase ou non lograban completar o percorrido no tempo límite establecido para cada un dos barcos, debido ao seu rating ou coeficiente para Cruceiros ORC.

Ambos os veleiros, o de Carrión e o de Millán, compiten na mesma División, polo que o Bon III, fíxose con esta primeira proba, seguido do Peperetes-Nortemar. O tempo empregado foi de algo máis de 6 horas.

Este domingo disputarase, polo menos, unha manga técnica tipo barlovento-sotavento, sendo intención do Comité da Ramiro Carregal Rey o incluír unha segunda proba, todas elas no interior da ría de Arousa. Para as Divisións de Cruceiro/Regata e Cruceiro, será empezar a Carregal de cero, ao non puntuar. Ao seu termo celebrarase a entrega de premios coa asistencia confirmada en Ribeira de Ramiro Carregal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.