Castelao e “Sempre en Galiza” protagonizan un roteiro literario este sábado na Coruña, conducido por Pilar García Negro

26 Xuño 2025

Este 28 de xuño, sábado, vaise celebrar na Coruña unha iniciativa da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega (AELG) para dar a coñecer unha das obras capitais do escritor rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Trátase do roteiro Sempre en Galiza. Sempre con Castelao, impartido e conducido por Pilar García Negro. A iniciativa, desenvolvida co apoio do Concello da Coruña, busca “dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos”. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

O roteiro literario Sempre en Galiza. Sempre con Castelao, guiado por Pilar García Negro, xirará arredor dos seguintes eixos:

– Tempo vital e histórico de Castelao.

– Artista, escritor, político nacionalista, patriota galego.

– Exilio e obra derradeira. Sempre en Galiza.

Terá lugar o sábado 28 de xuño, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída é: xardíns dos Cantóns, diante do busto dedicado a Castelao. Non é necesaria inscrición previa.

Pilar García Negro (ficha da Galipedia)

María del Pilar García Negro, nada en Lugo o 9 de outubro de 1953, é unha política, escritora, sociolingüista e profesora galega. Estudou filoloxía hispánica e filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose en 1991.

Foi profesora de lingua española no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña entre 1976 e 1985 e na Sardiñeira entre 1985 e 1990. Deu sempre as clases en galego, o que lle valeu a apertura dun expediente sancionador en 1983. Dende 1991 é profesora da Universidade da Coruña, sendo profesora titular desde 1995 no Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística.

Publicou a sección O idioma no semanario A Nosa Terra entre marzo de 1978 e agosto de 1979, seguíndolle Leccións de Literatura e de Lingua con Xosé María Dobarro de 1979 a 1980.

Pilar García Negro interveu en numerosos congresos nacionais e internacionais sobre sociolingüística, linguas europeas non normalizadas, literatura galega e feminismo, e publicou edicións e estudos sobre Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Pardo Bazán, Castelao, Xesús San Luís Romero, Ramón Villar Ponte, Eduardo Blanco Amor, Ricardo Carvalho Calero, Jenaro Marinhas del Valle, Manuel María, María Xosé Queizán, Lois Diéguez, Marica Campo ou Pilar Pallarés.

Foi presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (1983-1988). É membro do Consello de redacción de Altres nacions, da Revista de Filoloxía da Universidade da Coruña e da revista Terra e Tempo. Colaboradora da AS-PG, AELG e Mesa pola Normalización Lingüística. Desde 2004 é a directora-xerente da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.