A AECC de Boiro celebra este domingo 22 de xuño a súa andaina solidaria contra o cancro

21 Xuño 2025

A AECC e o Concello de Boiro volven xuntar forzas cunha nova edición da andaina solidaria Boiro, en marcha contra o cancro, que organiza a Asociación Española Contra o Cancro de Boiro (AECC) coa colaboración da Administración local e que está prevista para este domingo 22 de xuño. O alcalde, José Ramón Romero, acompañou a Marisa Lojo, presidenta da AECC de Boiro na presentación, celebrada este venres 20 de xuño no Consistorio.

Segundo explicaron, a saída da camiñada será ás 11.00 horas da praza de Galicia e contará cun percorrido circular de 5 quilómetros que percorrerá o paseo do río Breiro, o paseo marítimo de Barraña e o esteiro do río Coroño para volver á praza de Galicia.

As inscricións seguen abertas teñen un prezo de 8 euros para persoas adultas e 5 euros para nenos e nenas menores de 12 anos e poden facerse na Farmacia Ortopedia Ana Torrente, na Galería Sargadelos, en Modas Naty, online na web da AECC e nas mesas da asociación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.