Rianxo modifica o prazo para o pago de taxas municipais

06 Abril 2020

Co fin de botar unha man á cidadanía nestes tempos de COVID-19, o Concello de Rianxo vén de modificar o calendario fiscal para este ano 2020, poñendo en xogo unha serie de aprazamentos que alivian a presión das familias e das empresas. No caso do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, o prazo inicial de pago en voluntario, que comezaba o 23 de marzo e remata o 23 de maio, amplíase do 1 de abril até o 1 de xullo deste mesmo ano. A data de carga de domiciliados é este 6 de abril.

No que se refire á taxa polo servizo de recollida e tratamento de residuos (primeiro trimestre), o período inicial (comprendido entre o 23 de marzo e o 23 de maio) pasa a ser o seguinte: do primeiro de maio até o primeiro de xullo. Isto polo que se refire ao cobro voluntario. A data prevista para as domiciliacións é a do 5 de maio.

Estas medidas foron incluídas no decreto da Alcaldía do 27 de marzo de 2020. Podemos consultar o texto por completo na web do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.