O xoves será un día de inestabilidade atmosférica, con intervalos nubrados e chuvascos localmente treboentos máis probables en zonas altas. Brétemas no litoral. As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado no litoral norte(26 graos). O vento soprará frouxo de dirección variable.
Brétemas no litoral e chuvascos treboentos no interior.

O noso mar: Vento do oeste á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar ovellado. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.



