Padrón acolle unha xornada sobre saúde laboral e traballo autónomo centrada na prevención e no impulso ao tecido produtivo

17 Xuño 2025

O Centro Social de Padrón acolle esta semana (martes e mércores 17 e 18 de xuño) a celebración da Xornada sobre Saúde Laboral e Traballo Autónomo, organizada pola Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA), co apoio do Concello. O alcalde, Anxo Arca, inaugurou este martes a iniciativa cunha mensaxe clara: “O traballo é a base para que a cidadanía poida poñer en práctica o seu proxecto vital”.

Durante a súa intervención, o rexedor destacou a importancia do traballo autónomo na economía local e agradeceu a elección de Padrón como sede destas xornadas: “Satisfaime enormemente que UPTA escollera Padrón porque eu tamén son fillo de autónoma. Sei ben o esforzo que fan por saír adiante e manter unha empresa funcionando, moitas veces sen os mesmos recursos ou apoios técnicos que outras estruturas empresariais”.

Ademais, puxo en valor o peso do traballo autónomo na vila: “Se conseguimos empregar a 72 persoas máis, poderemos falar tecnicamente de pleno emprego. A situación en Padrón é boa porque as empresas funcionan ben, e iso temos que sabelo exportar”.

Acompañado pola concelleira de Promoción do Emprego, Chus Campos, e o presidente de UPTA España, Eduardo Abad Sabarís, o alcalde animou aos asistentes a aproveitar a ocasión para formarse e fortalecer as súas capacidades: “Estas xornadas son unha oportunidade para dispoñer de máis ferramentas e seguir sendo un motor de emprego e prosperidade”.

Durante os dous días que dura o encontro, especialistas de entidades como UGT Galicia, MC MUTUAL, IGaSS ou UGT Confederal abordarán temas clave como a prevención de riscos físicos e psicosociais, igualdade de xénero na PRL, continxencias profesionais no RETA, seguridade laboral e normativa vixente. Tamén se abrirá un espazo de participación para escoitar as demandas do sector e identificar atrancos burocráticos que frean o desenvolvemento da actividade autónoma.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.