As vantaxes do cooperativismo, ao detalle este venres no Viveiro de Empresas de Ribeira

13 Xuño 2025

O Viveiro de Empresas de Ribeira, no marco do Programa de Sensibilización Emprendemento Cooperativo, acolle este venres 13 de xuño a sesión divulgativa E ti, coñeces a fórmula?, que bota luz sobre o concepto do cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio. A cita, que está programada para este 13 de xuño pola mañá (de 10.00 a 14.00 horas), tamén se dirixe a eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos e visibilizar como o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional. Máis datos nos números de teléfono 669 150 809 e 628 557 348.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.