O Festival Son’s de Aguiño arrinca coa súa oitava edición o 21 de xuño

12 Xuño 2025

Este 12 de xuño a organización do Festival Son’s, certame de canto e música tradicionais, presentou os detalles da nova edición, que se celebra o 21 de xuño. Como lembraremos, trátase dunha cita cultural organizada pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño dende 2016 (con pausas motivadas pola pandemia) e que vai pola súa oitava edición. Á presentación asistiu a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, o vicepresidente da Asociación Francisco Lorenzo Mariño, Unai González xunto con Moncha e Teruca Sampedro, directivas da asociación e pandereiteiras de As Sete Linguas.

Unai González tamén anunciou que “este ano, como grupo convidado, teremos as famosas Pan Sen Fron da Coruña dirixidas por Xurxo Fernandes” e continuou falando da presente edición, onde este ano farán unha actuación conxunta As Sete Linguas e Bailadela da man da profesora Manola Valiño, “xa que é a mestra das dúas agrupacións e veñen actuando conxuntamente xa noutros intres do ano como no Nadal ou nas Letras Galegas, en Ribeira e na contorna (no Son, Queiruga, Castiñeiras, Boiro…)”.

Unai González informou que é un festival no que participaron unha diversidade de grupos “dende
que comezou, de todo Galicia, como Catalmibre de Culleredo, Herba Grileira de Melide, Sonelas do Son, Arume e Lumieira de Boiro, Chorimas de Queigura, Baroña, Revolt@s de Carreira, Garridiñas de Castiñeiras,
Sivalveiras de Corrubedo, Bailadela de Ribeira entre outros…”,

O festival é con entrada de balde, colabora na organización o Concello de Ribeira da man da Área de Cultura así como a Deputación da Coruña a través da Rede Cultural dente ano 2025.

O certame celebrarase o vindeiro 21 de xuño e comezará ás 21:00 horas coa actuación de As Sete Linguas e Bailadela e a continuación o espectáculo de Pan Sen Fron para rematar cunha foliada libre onde haberá tamén algo de picar para os asistentes.

Nesta actividade tamén colaboran algunhas empresas (non directamente) pero si no proxecto cultural anual da asociación Francisco Lorenzo Mariño (como CONRESA, Farmacia Aguiño, Fabri Barbanza, Digar de Artes, FRIPUSA ou Combustibles Puebla).

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.