As Rías Baixas prepáranse para un martes 10, con treboadas e choivas localmente intensas

09 Xuño 2025

As Rías Baixas afrontarán un cambio significativo nas condicións meteorolóxicas durante a xornada do martes, marcado pola inestabilidade atmosférica que irá en aumento a medida que avance o día.

Segundo as previsións, a atmosfera comezará a inestabilizarse xa desde a mañá, con formación de nubes de evolución, que darán paso a chuvascos treboentos a partir da tarde. Espéranse precipitacións localmente fortes, especialmente durante a madrugada do mércores, que poderían vir acompañadas de aparatosa actividade eléctrica e refachos de vento intensos.

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas descenderán no sur da provincia de Pontevedra.

O vento soprará do nordés, en xeral frouxo, aínda que con refachos fortes asociados ás tormentas. Na costa das Rías Baixas, os ventos serán moderados con intervalos fortes, aínda que as condicións máis adversas concentraranse na zona de Bares, fóra do ámbito meridional galego.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá, 1 a 3 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar rizado á mañá, mar ovellado á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa á mañá, regular á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.