O PBBI solicita a suspensión da suba no recibo da taxa de saneamento en Ribeira

03 Abril 2020

O Partido Barbanza Independente ( PBBI) solicita ao Concello de Ribeira que acorde, a través da Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do Covid-19 ou outro órgano competente, que non se aplique a subida na taxa pola prestación do servizo de saneamento, acordada no pleno do pasado mes de xaneiro, e que lle supoñería a cada abonado un incremento no desembolso por ese concepto de 17,91 euros ao trimestre ou en cada recibo (71,64 euros anuais) sobre o que xa pagaba en 2019. A formación política liderada polo aguiñense Vicente Mariño de Bricio lembra que no seu momento xa votou en contra dese incremento na referida taxa, que saíu adiante co voto favorable dos grupos municipais do Partido Popular (PP) e do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) e as abstencións dos dous edís do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o único integrante de SumaRibeira ( SR) na corporación municipal.

O grupo municipal do PBBI sostén que a actual situación do estado de alarma declarada, que está a ter e vai seguir ocasionando graves consecuencias entre a cidadanía, é un argumento máis que suficiente para que se adopte esa medida para deixar en suspenso esa subida, aplicándose a taxa que xa había o ano pasadoal igual que se acordaron outras modificacións, aprazamentos, devolucións ou reducións noutros impostos, taxas e prezos públicos. Neste caso, Mariño de Bricio pretende que o acordo que se adopte non sexa o dun simple aprazamento, senón a suspensión completa.

Neste sentido, o concelleiro do PBBI manifesta que non cre que o restablecemento da normalidade se vaia a conseguir unha vez conclúa o estado de alarma, senón que apunta a que se realizará de maneira paulatina durante os meses posteriores ao levantamento do real decreto. Por isto último, desde a formación liderada por Vicente Mariño proponse que a suspensión da devandita taxa fágase sen que se marque ou defina unha data concreta a partir da que se empezo a aplicar esa subida, aprazándose dita decisión ata que se faga unha análise exhaustiva da situación.

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.