Ábrese prazo para presentar candidaturas aos Premios de Investigación Ramiro Carregal 2026

09 Xuño 2025

O empresario e mecenas arousán Ramiro Carregal, fundador da ribeirense FRINSA, convocou unha nova edición dos Premios de Investigación que levan o seu nome: o Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal, que chega á súa décimo cuarta edición e o Premio Internacional de Investigación en Cardioloxía que celebra a sétima, do mesmo xeito que o Premio a Talentos Emerxentes en Investigación Oncolóxica.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, saudando a Ramiro Carregal nunha imaxe recente

Toda a información sobre estas novas convocatorias está xa dispoñible na web do certame, na que se poden presentar directamente as candidaturas. O prazo estará aberto para o Premio de Cardioloxía ata o 5 de outubro (incluído), mentres que para os Premios de Oncoloxía esténdese ata o 31 de xaneiro de 2026. Os premios principais manteñen a súa contía de 30.000 euros, mentres que o premio destinado a talentos emerxentes está dotado con 10.000 euros.

O Xurado do Premio de Oncoloxía, reunido a pasada semana, incluíu entre os seus membros ao novo decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, José Carreira, que se une aos presidentes de honra e executivo, Ramiro Carregal e Rafael López, xefe de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago; ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; aos catedráticos Julián Álvarez, Manuel Freire-Garabal e Juan Gestal; ao presidente da Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM) César Rodríguez e a Rafael Silva Agregán.

O veterano dos Premios de Investigación Ramiro Carregal chega á súa 14 edición cunha relevante lista de galardoados entre a que se atopan nomes como Mariano Barbacid, José Baselga, Marisol Soengas, Carlos López-Otín, Eduardo Díaz-Rubio, Guido Kroemer ou Luis Paz-Ares, entre outros. Máis dun centenar de candidaturas de todo o mundo avalan un certame que trata de colaborar coa investigación oncolóxica básica e clínica e poñer de relevo o importante papel que ten o mundo empresarial, e a sociedade en xeral, en ámbitos que supoñen avances substanciais para a humanidade.

Pola súa banda, o Premio destinado a Talentos Emerxentes conta tamén cunha listaxe de investigadores cuxa brillante traxectoria, a pesar de a súa mocidade, “supón unha esperanza para a investigación oncolóxica”, en palabras da fundación. Noelia Tarazona, Arkaitz Carracedo, José Tubío ou César Serrano están nesa relación de menores de 45 anos que recibiron o galardón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.