O documental “O Ulla si” proxéctase o 20 de xuño no Auditorio de Rianxo

02 Xuño 2025

O vindeiro venres 20 de xuño a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai dar acollida á proxección dun proxecto audiovisual colectivo para repensar o presente e futuro do Ulla: o documental O Ulla si, impulsado pola Fundación Entretantos coa colaboración de Agrocuir e a Plataforma Ulloa Viva. A cita será ás 21.00 horas. Será de balde até completar a capacidade do aforo.

Esta película nace dunha reflexión colectiva nas comarcas galegas da Ulloa, Terras de Deza e Terras de Melide. Todas elas son áreas afectadas polo proxecto de Altri e Greenalia, que pretende instalar unha macrofábrica de celulosa.

A través de diversos materiais e linguaxes audiovisuais, captura as paisaxes, os pensamentos e as vidas do territorio con sinxeleza e honestidade.

Segundo explican as entidades impulsoras do proxecto, “as voces e a memoria oral, que flúen ao longo do documental como o propio río Ulla, son a alma deste relato colectivo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.