Boiro acolle a XXXI Xuntanza das Peñas Barcelonistas de Galicia os días 7 e 8 de xuño

30 Maio 2025

A Peña Barcelonista do Barbanza e a Federación de Peñas Barcelonistas de Galicia organizan os días 7 e 8 de xuño en Boiro a XXXI edición da Xuntanza das Peñas Barcelonistas de Galicia. O alcalde, José Ramón Romero, participou este venres 30 de maio na presentación do programa de actividades xunto con Marcelino Sánchez, presidente da Peña Barcelonista do Barbanza, e Salvador Cerviño, presidente da Federación de Peñas Bercelonistas de Galicia.

Segundo lembrou Cerviño, “o primeiro encontro celebrouse no ano 1990 e cada ano esta cita de peñistas é unha oportunidade para xuntarse entre amigos e estou seguro de que imos pasar en Borio dous días entrañables con actos moi bonitos”.

As actividades comezarán o sábado día 7 de xuño a partir das 18.00 horas co recibimento de directivos e autoridades e a celebración dunha mesa redonda sobre actualidade do Barça no Centro Social de Boiro na que participarán ex xogadores e directivos do FC Barcelona e directivos da Federación de Peñas Barcelonistas. O programa do sábado continuará cunha degustación de conservas e cata de viños e unha gran cea.

O domingo será a recepción das agrupacións de seareiros na praza de Galicia e ás 11.00 horas terá lugar o acto institucional de benvida no Concello de Boiro para posteriormente realizar un desfile pola rúa peonil de Boiro ata a praza de A Boqueira de A Negral. Os actos do domingo darán continuidade no Pazo de Goiáns onde terá lugar a presentación da Confederación Mundial de Peñas Barcelonistas e a entrega de premios Barça-Galicia. Os actos rematarán cunha gran comida de confraternidade.

Van participar agrupacións de toda Galicia e tamén doutras comunidades autónomas. “Imos repetir en Boiro unha gran festa do barcelonismo que xa celebramos no ano 2016 e que este ano volve con moita ilusión para xuntar ás peñas de toda Galicia e tamén de Andalucía, Barcelona e outros lugares”, afirmou Marcelino Sánchez.

O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu á Peña Barcelonista do Barbanza e á Federación de Peñas Bercelonistas de Galicia por “ter contado con Boiro para celebrar este encontro que serve de carta de presentación do noso pobo. Unha fin de semana onde poder desfrutar desa paixón barcelonista xunto coa nosa gastronomía, a nosa cultura e a nosa paisaxe”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...