“Niso quedamos!”. Luís Celeiro

29 Maio 2025

Todo está a cambiar permanentemente e Galicia cambiará tamén. As silveiras que medran
no rural, que agochan as casas que foron de labregos, dos pais ou dos avós, seguen
medrando para que ninguén saiba que era o que se producía naquela leira, cal era o prado
da herba verde ou cal era o souto das castañas garridas, picotas, louras, luguesas ou
amarelantes. Todo cambia con esa velocidade de vertixe, que dá medo. Incluso aquelas
persoas que andan de profesionais na política, cambian dúas ou tres veces de opinión en
cada día. E, tranquilamente, seguirán cambiando.
A tecnoloxía é unha magnífica escusa, un pretexto para poder cambialo todo, para
converter á sociedade en rabañada e pastoreala polos lindeiros da nada. Efectivamente, as
novas tecnoloxías transforman a vida, o traballo, as relacións sociais, as formas de
convivencia e a maneira de pensar das persoas. Aqueles que andan no manexo destas
ferramentas saben, igual que sabe vostede, lector ou lectora deste xornal, que o rumbo da
historia está definido por elas.
As tecnoloxías foron e son ferramentas de poder para que os poderosos puideran e poidan
agrandar as súas capacidades de decisión e de dominio. Dio moi ben María, unha profesora
universitaria da area de humanidades, de talante e talento, cando se refire á Intelixencia
Artificial como un instrumento para converter aos individuos en anódinos, ás ordes dunha
minoría pensante que manexe, dirixa e goberne os destinos da sociedade integrada por
adormentados mediocres incapaces de pensar.
Aos avances non hai que paralos. Ao contrario, deben propiciarse e acariñalos para que a
sociedade mellore e as persoas poidan aproveitalos para o seu enriquecemento cultural,
para coidar da súa saúde e para gozar de máis, ou de toda a liberdade, para ter unha
sociedade garante do respecto á igualdade e á solidariedade. Unha sociedade orgullosa dos
descubrimentos anteriores, das leccións aprendidas e disposta a seguir conxuntamente na
defensa dos sistemas que reforcen a educación, como ferramenta para acadar un mundo
cada vez mellor, con homes e con pobos libres e solidarios.
A Tía Manuela insiste no concepto de liberdade e para acadala, di que hai que poñer as
tecnoloxías ao servizo da mesma, ao servizo de todos, con equidade, sen diferencias e sen
exclusión. Así que, niso quedamos!

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.