O alcalde da Pobra informa que mantén un contacto “constante” con Costas del Estado para abordar o vertido da Ribeiriña 

29 Maio 2025

O alcalde da Pobra do Carmiñal, José Carlos Vidal, recoñecemento nun comunicado, este 29 de maio, que está a manter un contacto “constante” coa Dirección General de Costas del Estado para abordar a vertedura contaminante Ribeiriña. De feito, o rexedor mantivo, esta mañá, un novo encontro con representantes do organismo no que se informou do estado actual dos traballos de sondaxe, “cos que se dirimirá definitivamente a orixe da vertedura”, sinalou.

O primeiro edil agradeceu a implicación de Costas, que amosou a súa “disposición total para descubrir de onde vén este vertido e, se é consecuencia das obras de rexeneración ambiental que o Ministerio de Transición Ecológica y Reto Demográfico realizou, comprometéronse a emendar as deficiencias”.

O rexedor confía en que tanto Costas como a Xunta de Galicia, organismos con competencias en materia de xestión e ordenación de costas actúen coa máxima axilidade para solucionar esta situación: “Con independencia de se o vertido vén orixinado polas obras en La Onza de Oro ou pola antiga nave de HADASA, o Concello non ten competencias (posto que os terreos son titularidade de Costas ou mesmo particulares) nin os medios para actuar na zona”. O primeiro edil sinala que se trata dunha situación “que está tendo un gran impacto medioambiental e tamén económico para o municipio, polo que non é o momento de buscar culpábeis, senón solucións”, incidiu o alcalde tras as últimas manifestacións do PP de Galicia, que responsabiliza ao Concello da cuestión.

Nesta liña, o Executivo incidiu na necesidade de actuar cunha maior “axilidade” para evitar que se agrave a situación na ría, que destaca polo seu valor como espazo natural e como zona produtora.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.