A Deputación inviste máis de 800.000 euros en subvencións a entidades e asociacións empresariais (64.000 euros para O Barbanza)

28 Maio 2025

A Deputación da Coruña achegará 808.725 euros para o programa FOENAA/2025, de subvencións a entidades e asociacións empresariais da provincia para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2025. Os 52 beneficiarios recibirán axudas de entre 5.000 e 28.000 euros. Entre as entidades beneficiarias atópanse boa parte das patronais da nosa comarca: a ABE de Boiro (con 11.700 euros), Somos Rianxo (13.040€), Noia Histórica (14.400,00€), a Asociación de Empresarios de Ribeira (10.065,46€), a Asociación de Empresarios da Pobra (7.200,00€) e a Asociación Rianxeira de Empresarios (7.650,00€). En total, estamos a falar de máis de 64.000 euros para O Barbanza.

“Con esta liña de axudas”, explica o vicepresidente, Xosé Regueira, “reafirmamos o noso compromiso de impulsar o desenvolvemento económico, o fomento do emprego, o apoio ao comercio e á hostalaría da provincia, reforzando liñas de comercialización e promoción dos nosos produtos de calidade que permitan a penetración no mercado”.

Estas subvenciones permitirán por exemplo, segundo Regueira, “a organización de feiras, xornadas e campañas estratéxicas que favorezan o crecemento dos nosos sectores clave dun xeito equilibrado e sostíbel e contribúan á dinamización e á proxección de todo o territorio coruñés como un referente económico e turístico, fortalecendo o tecido empresarial e xerando oportunidades e riqueza para toda a cidadanía”.

A relación de beneficiarios está publicada no BOP do 28 de maio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.