Todo listo na Pobra do Caramiñal para a 17ª edición da Volta a Ons

27 Maio 2025

Comezou a conta atrás para a 17ª edición da Volta a Ons, a clásica regata que organiza o Club Náutico Arousa Norte que volve contar co
patrocinio da Clínica dental doutor Gonzalo López Castro e de Atlantic Dental Institute. Un ano máis puntuará para a Copa Galicia de Cruceiros.

Con saída prevista para as 12.00 desde as inmediacións da enseada pobrense, varias embarcacións procedentes de distintos clubs náuticos das Rias Baixas tentarán levarse ás súas vitrinas o prezado Faro de Ons.

Desde primeira hora da mañá a mariña da Pobra será o marco onde os tripulantes prepararán as súas embarcacións para dispoñerse a realizar un percorrido de 35 millas co obxectivo de circunnavegar as illas de Ons e Onza e regresar ao porto do Caramiñal.

A previsión meteorolóxica anuncia un nordeste típico da ria de Arousa nesta época do ano e agasallará aos participantes cuns 10-12 nós, que farán que a ría sexa, sen dúbida, o marco perfecto para gozar dunha espectacular xornada de regata, segundo informou a organización: o Club Náutico Arousa Norte da Pobra do Caramiñal.

Entre os favoritos á vitoria final atópanse embarcacións e regatistas que xa saben o que é gañar esta prestixiosa regata, como o locais Cámping Ria de Arousa ou Chispetrén.

Outro dos gañadores que repiten na liña de saída é o Siradella, do Real Club Náutico de Portosín con varias vitorias nesta regata ás súas costas.

Outros candidatos á vitoria final son o espectacular TP 52, Corsario, de Jorge Durán, Exit Manitú, do vigués Liceo Maritimo de Bouzas, que repite na liña de saída ou o ribeirense Galopín, de Manuel Franco , que lle vai collendo o truco ao seu novo One Design.

Desde o Náutico Arousa Norte queren agradecer a Clínica Dental Gonzalo López Castro e Atlantic Dental Institute a súa implicación, “sen a cal non se podería realizar esta clásica regata que discorre por un marco incomparábel”.

O Corsario Thunder, do CY de Vilagarcía, nunha regata disputada recentemente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.