Este venres volven as visitas teatralizadas do Pazo de Goiáns achegadas por Os Quinquilláns

26 Maio 2025

Esta semana, o venres 30 de maio a partir das 20.00 horas, continúan en Boiro as visitas teatralizadas ao Pazo de Goiáns, dirixidas a mostrar polo miúdo, dun xeito divertido e tamén divulgativo, os importantes tesouros arquitectónicos e ambientais do pazo e, tamén, a súa historia no tempo.

O programa vén da man do Concello de Boiro e as sesións serán conducidas novamente polo grupo Os Quinquilláns, compañía teatral especializada no teatro de rúa e infantil, que conta cunha longa experiencia recreando algúns dos fitos máis destacados da nosa historia e da nosa cultura.

Levaranse a cabo nos meses de maio e xuño.

Estas visitas, que se veñen realizando na época estival, teñen como finalidade coñecer o noso patrimonio e a historia de Goiáns a través das personaxes que o habitaron.

As visitas desenvolveranse os días 30 de maio ás 20.00 horas, o 8 de xuño ás 16.00 horas e o 26 de xuño ás 20.00 horas. Para participar é necesario inscribirse previamente na Casa da Cultura de Boiro ou no 981 84 84 25.

Inscrición previa na Casa da Cultura de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.