“Cartas ao mar”, mostra de Néstor Goyanes pertencente ao Museo de Artes do Gravado, chega o 29 de maio ao Vello Cárcere de Lugo

25 Maio 2025

O vindeiro 29 de maio ás 19:30 h, a sala de exposicións do Vello Cárcere de Lugo acollerá a inauguración da mostra Cartas ao Mar, unha escolma de gravados do artista arxentino Néstor Goyanes.

A exposición, que forma parte dos fondos da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira, chega a Lugo promovida polo Consulado Xeral da República Arxentina en Galicia coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Comisariada por Xan Leira e Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, Cartas ao Mar ofrece un percorrido visual e emocional pola experiencia migratoria. A través de técnicas como a xilografía, a litografía ou o colaxe, Goyanes dá forma a un universo íntimo onde conflúen recordos, documentos, imaxes e sentimentos compartidos por milleiros de familias galegas que viviron a emigración.

Segundo lembran os comisarios da mostra, Néstor Goyanes é un artista cunha longa traxectoria nas artes plásticas arxentinas e internacional, tamén, é impulsor de numerosas iniciativas de promoción do gravado, entre elas salienta a creación do Mini Print Internacional Galicia, promovido pola Asociación Taller Experimental de Obra Múltiple Contamporánea, de Vilariño, Cangas do Morrazo.

Nado en Bos Aires en 1960 e descendente de galegos, o autor transforma elementos cotiáns como sobres, cartas ou fotografías en pezas cargadas de significado. Nas súas obras resoan ecos dun pasado colectivo, cunha mirada que conxuga memoria persoal e identidade cultural. A mostra interpela ao público sobre o sentido de pertenza, a raíz e o vínculo emocional co país de orixe.

“Sen memoria, que somos?”, reflexiona Goyanes, engadindo que “creo que a identidade constrúese a partir dos recordos e das emocións que nos acompañan. No proceso artístico, máis alá da técnica, é fundamental ter algo que contar, algo que nos mova por dentro”.

A exposición poderá visitarse do 29 de maio até o 31 de xullo de 2025 nos horarios habituais do Vello Cárcere. Será, en palabras dos comisarios, “unha oportunidade única para achegarse, a través da arte, a unha parte esencial da historia galega e arxentina”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.