O PP de Ribeira pide arranxar as deficiencias das pistas municipais de pádel

23 Maio 2025

Os populares de Ribeira, a través da súa voceira María Sampedro, presentaron para ser debatida no pleno da Corporación unha proposta sobre o deporte no concello e as instalacións coas que conta para a práctica das distintas modalidades. En concreto, na petición reclámase ao equipo de Goberno que poña en marcha o arranxo das peticións transmitidas por usuarios e membros do club de pádel do municipio, “en aras de mellorar un espazo de gran demanda no ámbito deportivo”.

Lembra o PP que do pleno de Ribeira “teñen saído moitas peticións no ámbito deportivo e no noso concello dispoñemos de múltiples instalacións que prestan servizo aos ribeirenses e que contan con gran afluencia diariamente e das que nos gusta coñecer as opinións e impresións dos usuarios para poder contribuír a unha mellora tanto da propia actividade como dos espazos onde se desenvolven”. Engaden que “a través do diálogo fluído cos cidadáns quixemos recoller as peticións chegadas desde os usuarios que utilizan con asiduidade as pistas de pádel municipais situadas no entorno de Coroso, así coma de membros do club deste deporte co que contamos no municipio, unha actividade que medrou dun xeito exponencial gañando moitos adeptos na nosa localidade e provocando unha demanda altísima das catro pistas coas que se conta actualmente no haber municipal”.

E apuntan: “É por todo isto que queremos trasladar as demandas das deficiencias transmitidas recentemente e que, na maioría dos casos, trátanse de pequenos detalles que se poñemos interese na situación das instalacións no día a día poderíanse arranxar en beneficio de todos os usuarios e de contar cunha actividade deportiva de calidade e nunhas condicións óptimas para os deportistas”.

Entre as demandas máis sinxelas e de mantemento diario atópanse, din, “a colocación de colgadoiros e bancos nos vestiarios, manter en óptimo funcionamento os quentadores dos vestiarios para contar con auga quente ou o cambio de luminarias na pista 1, 2 e 4; pero tamén se precisan outras melloras como o arranxo do teito dos vestiarios, o cambio e subida dalgunhas redes e proceder ao cambio das moquetas das pistas, comezando pola número 2”.

Reclaman tamén o control e seguimento por parte do persoal designado alí e do delegado de deportes para o correcto funcionamento e correccións das deficiencias que xurdan en tempo e forma.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.