O Concello da Pobra saca a licitación a xestión dos obradoiros de conciliación e dos servizos de madruga e comedor

21 Maio 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal vén de sacar a licitación o contrato para a xestión do servizo A Pobra Corresponsable cun valor de contrato de 316.495,86 euros.

Este está dividido en tres lotes nos que se inclúe o Obradoiro de conciliación do verán Móvete!, a coordinación das prestacións madruga e comedor e, por último, os talleres de conciliación que se realizan durante os períodos vacacionais e nos días laborais non lectivos. Trala adxudicación e firma do contrato, este terá unha duración dun ano coa posibilidade de establecer unha prórroga de dous anos que se renovaría de xeito anual.

A licitación tramitarase por vía urxente por considerarse un servizo “esencial”, tal e como concluíu a concelleira de Igualdade, Estefanía Ramos. A edil apuntou que o obxectivo “é continuar promovendo a conciliación das familias con nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 12 anos favorecendo, así mesmo, a creación dun espazo lúdico e creativo para os pequenos”. 

Por unha banda, o lote 1 correspóndese co Móvete!, un programa que se leva a cabo na época estival. En concreto, realízase entre o 23 de xuño e o 5 de setembro, ofrecendo ás familias un horario de atención de 9.00 a 14.00 horas. Pola outra, no lote 2 inclúense dous servizos que se realizarán nos dous colexios entre o 5 de setembro de 2025 e o 19 de xuño de 2026 (ambos incluídos):  o madruga (en funcionamento desde as 7.00 horas ata o inicio da xornada escolar) e o comedor (dispoñíbel desde o fin da actividade escolar ata as 16.30 horas, aproximadamente). Por último, o terceiro lote aborda a realización de talleres de conciliación en épocas nas que non haxa clases. Inclúense neste apartado os obradoiros de Nadal, Entroido e Semana Santa, ofrecendo aos nenos e nenas atención de 9.00 a 14.00 horas.

Programación de actividades

Ademais de presentar a oferta económica, as empresas terán que achegar unha proposta de programación de actividades con temáticas adaptadas á cada lote. Estas terán que estar deseñadas de acordo ás idades dos rapaces e rapazas e terán unha compoñente fundamentalmente educativa e lúdica. En todo caso, deberán ter un fío condutor, traballando sobre a educación en valores, a igualdade, o medio ambiente, a saúde, o coñecemento sociocultural da contorna local, etc.

O prazo de presentación de ofertas estará dispoñíbel ata o 3 de xuño, ás 23.59 horas. 

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.