En Outes os centros sociais achegan unha manchea de actividades saudábeis de verán

20 Maio 2025

O Concello de Outes compartiu a súa axenda de lecer e de actividades de verán nos centros sociais. O programa inclúe andainas (camiñadas saudábeis), actividades de bailoterapia e obradoiros de ioga, ximnasia e pilates, entre outras propostas destinadas a incrementar a calidade de vida e a saúde da cidadanía. Haberá citas na rúa (na praza de Galicia), no Pavillón do Conchido, en pleno medio ambiente, no Centro Sociocultural de Cruceiro de Roo, no de Cando, no de Pontenafonso, no de San Lourenzo e máis no do Freixo. Quen precise máis información pode solicitala no teléfono 981 850 575.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.