Severino Escurís Batalla recibe a Medalla ANFACO 2025 pola súa traxectoria empresarial no sector conserveiro

16 Maio 2025

O presidente honorífico de Actemsa, Severino Escurís Batalla, foi distinguido este xoves coa Medalla ANFACO 2025 á traxectoria empresarial, nun acto celebrado en Vigo tras a Asemblea Xeral de ANFACO-CECOPESCA. A medalla foi entregada polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como recoñecemento a “unha vida enteira dedicada ao desenvolvemento do sector conserveiro galego”.

O evento congregou a máis de 150 asistentes, entre os que se atopaban o presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o conselleiro do Mar, Alfonso Villares; a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez; e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez.

A organización destacou a figura de Severino Escurís como “un pioneiro con vocación industrial e capacidade de liderado, cunha traxectoria iniciada en Conservas Escurís, empresa familiar da que partiu para fundar Actemsa”. A súa contribución foi clave na diversificación do sector conserveiro e na creación de emprego e riqueza, converténdose, segundo ANFACO, “nun referente de traballo, coherencia e visión a longo prazo que inspirou a varias xeracións”.

Escurís, que cumprirá 100 anos este verán, recolleu o galardón acompañado polo seu fillo Juan Carlos Escurís, conselleiro de Actemsa. Este agradeceu a distinción sinalando que “é un dos recoñecementos máis importantes, porque reflicte o cariño e admiración que lle tedes no sector”.

Durante o acto tamén foron recoñecidos:

  • O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, na categoría institucional.
  • A conselleira Ángeles Vázquez, como personalidade pública destacada.
  • Pola súa traxectoria profesional, Josefa Lago (traballadora de Carlos Albo), María Saturna Tubío (Jealsa) e Carmen Abuín (Conservas Friscos).

As Medallas ANFACO recoñecen cada ano a aquelas persoas, entidades e institucións que deixan pegada na cadea mar-industria, contribuíndo ao seu desenvolvemento, innovación e sostibilidade.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...