En Noia o Concello pon a punto o rueiro de Castro Lampreeiro e roza unha ducia de núcleos

15 Maio 2025

O Concello de Noia impulsou estes días diversas frontes de traballo destinadas a mellorar o día a día dos veciños e poñer a punto infraestruturas e servizos. Unha das liñas de traballo focalizouse no núcleo de Castro Lampreeiro, onde, segundo informaron fontes do Consistorio, proseguen a bo ritmo as obras para acondicionar o rueiro. Esta semana achegáronse ata alí o alcalde, Santiago Freire, e a concelleira de obras, Laura Salgado, para revisar os traballos que se están a desenvolver. Indicaron que nas vindeiras semanas comezarán novas actuacións en Barro e Cruceiro de Barro, así como en Albariza e Boa.

Engadiron que “desde o Concello de Noia seguimos apostando pola mellora das infraestruturas no rural, co obxectivo de garantir servizos de calidade para todas as veciñas e veciños.

A maiores, as brigadas municipais estiveron realizando traballos de limpeza, roza e acondicionamento en diferentes puntos do concello: Boa, A Fialla, San Bernardo, A Rasa, Pontenafonso, Mirou, Fonte Perocas, Campo de Lamas, Xei, Ponte da Traba, Sofreixos, Campo de Noia e Orro.

Estas actuacións foron coordinadas pola Concellería de Parques e Xardíns, dirixida por Ana García, co obxectivo de “mellorar a imaxe e funcionalidade destes espazos, facendo de Noia un lugar máis limpo, seguro e agradábel”, indicou.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.