A Policía Local de Ribeira levantou tres actas por incumprimentos da hora límite de peche dos locais nocturnos

15 Maio 2025

Nas últimas semanas e dentro da actual plan de medidas para mellorar a vixilancia do lecer nocturno en Santa Uxía, poñendo o foco (principalmente) no barrio de Bandourrío (onde se atopa a gran maioría dos establecementos con licenza para abrir de noite), a Policía Local de Ribeira, intensificou o control dos horarios dos locais hostaleiros. Ao abeiro deste labor, os axentes levantaron tres actas por distintos incumprimentos da hora límite de peche. Os axentes lembran que o consumo de bebidas alcólicas na vía pública non está permitido, “polo cal os locais non poden favorecer este consumo permitindo a saída dos clientes con vasos de cristal e tampouco ofrecer vasos de plástico na súa substitución”.

Nas vindeiras semanas incidirase máis nestes comportamentos, engadiron.

A intensificación destas tarefas de vixilancia responde en boa medida ás queixas da veciñanza, que leva anos sufrindo graves problemas de ruído vinculados ao ocio nocturno. Tras unha xuntanza recente cos residentes, o alcalde Luís Pérez Barral indicou que se está a realizar “un control exhaustivo para garantir que os locais de hostalaría cumpren cos horarios de peche”. Amais, intensificouse a vixilancia sobre o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.