Noia convértese esta “finde” na capital da vida saudábel grazas ao Festi Saúde

08 Maio 2025

A vila de Noia vai dar acollida este mes á primeira edición do evento Festi Saúde, que se celebra os días 10, 11 e 12 de maio. O programa inclúe conferencias, xornadas, presentacións e moitas máis actividades relacionadas coa alimentación, a sustentabilidade e a vida saudábel. Haberá actividades no Casino ou na Alameda, entre outros emprazamentos. Organiza Amoreira, asociación orientada á saúde e o benestar comunitario, en colaboración co Concello de Noia. O obxectivo é “fomentar as relacións de solidariedade para enriquecer coa diversidade sobre as terapias complementarias e alternativas, prestando especial atención aos hábitos na alimentación, actividade física e saúde mental”.

Nun plano máis específico, a axenda inclúe conferencias, sesións de biodanza, sesións improvisatorias de música e baile (danza orgánica), actividades de sendeirismo consciente polo río Traba, ioga en familia, divulgación de alimentación saudábel e sostíbel, xornadas de meditación ou sesións de mindfullness, entre outras propostas.

Quen precise máis información tena na web www.festisaude.es.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.