Noia Histórica deu a coñecer as persoas gañadoras do sorteo da Campaña da Nai

08 Maio 2025

A patronal noiesa, Noia Histórica, realizou esta semana o sorteo dos premios da súa Campaña do Día da Nai, desenvolvida nos días previos ao 4 de maio (Día da Nai) baixo o epígrafe Mamás Felices. En concreto, a entidade empresarial sorteou tres tarxetas agasallados de 70 euros para ser trocadas por produtos dos comercios locais de proximidade. Foron dar a Ismael-Louro, Sonoranatalia e Paula Rama. As persoas afortunadas xa poden pasarse polo local de Noia Histórica para recoller cadanseu agasallo. O xeito de participar foi dándolle ao like na publicación de Instagram sobre o Día da Nai e deixar un comentario. O luns 5 de maio fíxose o sorteo entre todos os comentarios e publicáronse os nomes das persoas gañadoras, que terán á súa disposición máis dun centenar de establecemento para trocar os seus cheques agasallo de 70 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.