O Concello de Boiro inicia a primeira pasada de rozas en todo o termo municipal

07 Maio 2025

O Concello de Boiro comeza a campaña de rozas en todas as parroquias do municipio, que se realizan dúas veces no ano. O alcalde, José Ramón Romero, cos concelleiros de Medio Ambiente, Olga González, e Medio Rural, Francisco Bermúdez, supervisaron os traballos na mañá deste 7 de maio.

As actuacións comezaron na parroquia de Bealo e iranse facendo de xeito progresivo en todo o termo municipal, está previsto que esta primeira pasada remate en tres meses e, de cara ao inverno, farase unha segunda pasada por todos os núcleos.

As tarefas de roza realízanse en vías, pistas e camiños de titularidade municipal de xeito mecánico e manual para adaptarse ás características de cada espazo, incidindo especialmente naqueles lugares nos que pode existir un perigo por motivos de visibilidade de condutores e peóns, así como para a prevención de lumes.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.