Peñas Boiro AC organiza unha andaina solidaria este 11 de maio en beneficio de ASANOG

10 Maio 2025

O Concello de Boiro colabora con Peñas Boiro AC na I andaina solidaria peñeira que se celebra este domingo 11 de maio en beneficio de ASANOG. O alcalde, José Ramón Romero, participou na presentación xunto con David Laíño, presidente de Peñas Boiro; Quin Riveiro, membro da organización; e Fran Allo, de ASANOG.

A andaina sairá ás 10.00 horas da praza de Galicia e contará con dous percorridos de 5 e 10 quilómetros adaptados a diferentes niveis. O percorrido curto percorrerá o paseo do río Breiro, paseo marítimo e esteiro do río Coroño para regresar á praza de Galicia e o percorrido longo chegará a Goiáns, con avituallamento no Pazo, e finalizará tamén na praza de Galicia.

“Trátase dunha andaina familiar e non competitiva que, ademais de recadar fondos para ASANOG busca poñer en valor lugares de Boiro con interese paisaxístico”, afirmou Quin Riveiro.

O presidente de Peñas Boiro AC, David Laíño, agradeceu a todas as empresas que colaboran con esta iniciativa e coa actividade musical que haberá ao remate na rúa peonil e animou á veciñanza a participar: “Todo o recadado con esta andaina irá destinado de xeito íntegro a ASANOG”.

Por parte de ASANOG, a Asociación de cancro infantil e xuvenil de Galicia, agradeceron a colaboración coa entidade “mediante este tipo de eventos que permiten levar a cabo os distintos programas que se desenvolven dende a asociación para mellorar a calidade de vida de nenos/as e adolescentes con cancro e as súas familias”, recoñeceu Fran Allo.

Polo momento hai máis de 350 persoas inscritas e tamén participacións de dorsal cero, pero as inscricións están abertas a poden facerse ata o venres 9 de maio. “Boiro é un pobo moi solidario e iso demóstrase na gran acollida que teñen todas estas iniciativas sociais”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.