A Carreira Popular Virxe da Guía chega á súa vixésima edición (festexando deporte e Letras Galegas)

06 Maio 2025

Este martes 6 de maio presentáronse en Ribeira os detalles da Carreira Popular Virxe da Guía, que chega á súa vixésima edición e que este ano homenaxeará a Juan Antonio Argibay Pérez, unha persoa moi vinculada ao atletismo ribeirense. Á presentación acudiron, o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o presidente da Asociación de Veciños de Carreira, Moncho Sampedro xunto con varios veciños da propia asociación.

A Asociación de Veciños de Carreira, en colaboración co Concello de Ribeira, organiza esta edición da Carreira Popular Virxe da Guía, o sábado, 17 de maio coincidindo co Día das Letras Galegas, na parroquia de Carreira.

Vidal informou aos presentes que “vai a ser unha carreira que vai a contar con doce categorías dende a categoría pitufo até máis de 65 anos”. O concelleiro puxo en valor o traballo que realiza en diferentes ámbitos a Asociación de Veciños de Carreira, “tanto na dinamización da parroquia como en diferentes actividades tanto culturais como deportivas, e nesta última toda a axuda que nos prestan ao departamento de deportes durante todo o ano na organización das diferentes actividades”. Para rematar Xabier animou a veciñanza a participar na carreira popular.

Por outra banda, Moncho Sampedro tirou da historia da propia carreira no seu vixésimo aniversario afirmando que “como a asociación collíamos o relevo dun grupo de xente de Carreira e Aguiño capitaneado por Abraham Benitez, que comezaron a organizala fai máis de 20 anos”. É unha proba de seis quilómetros e medio que sae de Carreira pola Graña, transcorre pola zona da Cerca e volve para Carreira pola estrada paralela á xeral.

Mestura de carreiras con cantareiras

Ao coincidir co 17 de maio que este ano está adicado á tradición oral e ás cantareiras, a agrupación de Veciños de Carreira tivo a idea de mesturar, para a ocasión, deporte e cultura galega. De aí que estea previsto que participen, amenizando a xornada, As Cantareiras de Carreira. As inscricións estarán abertas até o vindeiro xoves 15 de maio, cun prezo de inscrición para os corredores adultos de 7,00 € e de balde para o resto. Sampedro anunciou que o mesmo día da proba non se admitirán novas inscricións.

Haberá unha paella de gran formato para os 200 participantes que se repartirá tanto aos corredores como ao público en xeral.

Data: sábado, 17 de Maio do 2025.

Día das Letras Galegas

Hora: 10.30 horas

Lugar: San Paio de Carreira (Ribeira).

Distancias: 6,6 km

Organiza: Asociación de Veciños de Carreira

Colabora: Concello de Riveira.

Cronometraxe: www.galitiming.com

Inscrición: Límite 200 corredores.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.