A Pobra do Caramiñal acolle esta fin de semana o Campionato Territorial Norte de Traiñeiriñas

06 Maio 2025

A cita reunirá arredor de dez clubs da zona norte de Galicia nas categorías cadete, xuvenil e absoluta, tanto na modalidade feminina como masculina

C.P.

A Pobra do Caramiñal converterase esta fin de semana no centro neurálxico do remo galego coa celebración do Campionato Territorial Norte de Traiñeiriñas, unha competición que reunirá arredor dunha decena de clubs da zona norte de Galicia. A cita desenvolverase nas categorías cadete, xuvenil e absoluta, tanto feminina como masculina.

A proba disputarase en dúas xornadas. A clasificatoria terá lugar o sábado 10 de maio ás 16:00 horas, mentres que a final celebrarase o domingo 11 ás 11:00 horas. Durante a fase previa, os equipos buscarán situarse entre os cinco primeiros postos de cada categoría para acceder á final dominical.

Os catro mellores clasificados de cada categoría obterán o pase directo ao Campionato Galego ‘Xunta de Galicia’ de Traiñeiriñas, previsto para a seguinte fin de semana en Cabo de Cruz (Boiro). As distancias a percorrer serán de 1.750 metros para a categoría cadete e de 3.500 metros para as xuvenil e absoluta.

A presentación oficial do evento tivo lugar esta mañá, coa presenza do alcalde da Pobra, José Carlos Vidal, acompañado polo presidente do Club de Remo Puebla, Emilio José Dieste, e polo vicepresidente da Federación Galega de Remo, Gustavo Vázquez.

Durante o acto, o rexedor local destacou que “é unha honra para A Pobra acoller un evento deste nivel, que pon en valor o noso litoral, promove o deporte base e reforza o papel do remo no noso concello”.

O Campionato Territorial Norte de Traiñeiriñas promete ser unha gran festa do remo e unha mostra do talento deportivo da mocidade galega.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.