A Xunta impulsa a conservación de 20 quilómetros de tramos fluviais en Rois e Padrón

05 Maio 2025

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, está a levar a cabo labores de conservación e mantemento en oito tramos de río que suman preto de 20 quilómetros nos concellos de Rois e Padrón.

Estas actuacións inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa presente nas canles fluviais para evitar atoamentos, así como a roza selectiva de zonas de acceso e a eliminación de especies exóticas invasoras. Os traballos estenderanse durante arredor de 25 semanas e desenvolveranse mediante ferramentas manuais, motoserras e rozadoiras, ademais do apoio de maquinaria de maiores dimensións.

Na primeira fase, os esforzos céntranse en máis de 12,2 quilómetros do río Sar ao seu paso por distintas parroquias destes municipios. Outras intervencións destacadas abarcan 1,5 quilómetros no rego de Tarrío, 1,4 quilómetros no río Rubial e diversos treitos menores en regos como Estramundi, Agra de Lamego, Avelenda e Castrelo.

Estas accións forman parte do programa de mantemento e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, incluíndo zonas de alto risco potencial significativo de inundación (Arpsi). O obxectivo final é optimizar os leitos fluviais e mellorar as condicións naturais do ecosistema, garantindo a fluidez das augas nos tramos intervidos.

Máis información: Xunta de Galicia.

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.