Altofalante celebra as Letras Galegas cunha charla con Marcos Maceira e coa proxección de “Dorothé na Vila”

04 Maio 2025

A Asociación Cultural Altofalante organizou en Ribeira dous actos de cara ao 17 de maio, Días das Letras Galegas. Este venres 2, Marcos Maceira, actual presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, presentou no Centro Cultural Lustres Rivas, o libro Liberdade para o galego. O acto comezou coa intervención de David Casais, presidente de Altofalante; quen fixo un pequeno repaso da evolución da política lingüística, dende 1983, cando se aproba a primeira Lei de Normalización Lingüística (co obxectivo de superar un proceso histórico de desigualdade e comezar a reverter a situación de lingua minorizada na que se atopa o galego) e pasando pola aprobación unánime, no 2004 do Plan Xeral de Política Lingüística (PXNL) e, máis tarde, no 2007, dun decreto onde se desenvolve o PXNL e fixa uns mínimos para o galego; até finalmente, chegar ao decreto do 2010, aprobado unilateralmente polo Goberno Feijóo, contando coa oposición de entidades como a Real Academia Galega (RAG), o Consello da Cultura, ANPAS, organizacións sindicais, etc.

Tamén sinalou un estudo publicado pola RAG, onde se evidencia que as competencias lingüísticas en galego e castelán, son moito mais altas no alumnado galego falante (auténtico perfil de persoa bilingüe en Galiza), a que o do castelán falante, que tende cara o monolingüísmo en castelán.

Proseguiu o acto, coa intervención de Marcos Maceira, quen sinalou o papel que ten unha entidade como a Mesa pola Normalización Lingüística, creada en 1986, co obxectivo de avanzar na plena normalización da lingua galega, impulsando accións naqueles espazos onde o galego está excluído e a garantir o uso da nosa lingua en todo e para todo. Expuxo o porqué deste titulo, sinalando que cando falamos de liberdade referímonos “á facultade pola que se pode realizar a propia determinación, o dereito de actuar segundo os propios criterios e sen imposición doutros ou fóra do dominio de alguén”. Engadiu que existen impedimentos para expresarse libremente en galego en todos os ámbitos, situacións de coacción ou condicionantes de calquera tipo que obstaculizan o seu libre desenvolvemento, e sinalou a evolución positiva e negativa, do uso do galego, na xustiza, administración pública, medios de comunicación, sanidade, economía, lecer, etc.

Posteriormente, este sábado 3, dende Altofalante, organizouse un acto adicado ás protagonistas deste 17 de maio. David Casais, comezou sinalando que esta é unha homenaxe colectiva para todas as cantareiras e pandereteiras, que houbo e que haberá: “Elas foron, quen fixeron posíbel que a lingua galega continuase viva, malia a séculos de prohibición e persecución, sendo un símbolo de resistencia”, sinalou, engadindo que “hoxe se miramos, cara atrás, decatarémonos que o traballo destas mulleres foi fundamental, non só para a preservación da lingua galega, senón que tamén para a contracción dunha memoria colectiva que sigue viva, por ende, as cantareiras son e serán,un piar fundamental da nosa historia e da nosa cultural”.

Por outra banda, Iria Casais, vicepresidenta da asociación, sinala que a longametraxe Dorothé na Vila representa a imaxe viva do Cancioneiro Popular Galego (1984), o libro esencial da música tradicional galega por antonomasia. “A cinta”, dixo, “amósanos a importancia de vivir e celebrar a nosa cultura popular que se mestura coa impotencia de querer frear a desaparición das nosas costumes, e por ende da nosa identidade como pobo galego: lémbranos que debemos seguir relacionándonos co noso entorno, sendo conscientes da raíz que nos une para asegurar a perdurabilidade e difusión do noso patrimonio cultural inmaterial”.

Finalmente, concluíuse o acto coa proxección da longametraxe de Dorothé na Vila.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.