Rexistradas medio cento de incidencias por meteoroloxía adversa desde o mediodía

02 Maio 2025

Entre as 12 e as 19 horas deste venres, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias contabilizou un total de 50 incidencias polos efectos das tormentas e as chuvias. A provincia de Pontevedra foi a máis castigada, coa maioría dos casos (36).

As tipoloxías máis repetidas foron os restos e obxectos que puideron acabar nas estradas (10) e os avisos por anegamentos en rúas (9), seguidos das actuacións dos servizos de emerxencias para previr riscos maiores (6), coma o saneamento de fachadas (6).

Máis aló das máis de trinta de incidencias rexistradas na provincia de Pontevedra, destaca a da Coruña (11), moi por enriba das 3 de Ourense. En Lugo non se contabilizaron casos relacionados coa meteoroloxía adversa.

Por último, os Concellos máis afectados segundo os datos do 112 Galicia foron Vigo (10), Tui (5), Redondela (5) e Santiago e Pontevedra, con 3 incidencias cada un.

Incidencias destacadas
Aínda que ningún dos sucesos reportou danos persoais, destacamos as chamadas de dous particulares, desde Mos e O Porriño, respectivamente.

No primeiro caso, tratouse dun accidente de coche no quilómetro 154 da N-550, dez minutos despois das 17 horas. O propio condutor implicado explicou que lle caera unha árbore enriba do vehículo cando estaba circulando.

Desde o 112 Galicia alertouse á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao GES de Mos.

Uns minutos antes, un particular chamou desde O Porriño informando de que un raio acababa de caer sobre un transformador. Aínda que non ardía, o alertador asegurou que varias vivendas quedaron sen luz.

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pasaron o aviso á Policía Local.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.