Condenan a pena de prisión a un veciño de Olveira (Ribeira) por maltratar á súa cadela ata a morte

28 Abril 2025

O Xulgado Nº 2 do Penal de Santiago de Compostela condenou a 9 meses de prisión a un veciño de Olveira (Ribeira) de 51 anos por maltratar á súa cadela ata causarlle a morte. A protectora El Refugio, con sede principal en Madrid pero con ramificacións e activistas en toda a xeografía estatal, acudida como acusación popular, congratulouse por, nas súas palabras, “contribuír á consecución dunha nova condena de prisión por malos tratos animais en España”. A persoa agora condenada foi denunciada en 2019 por “un delito continuado de malos tratos a animal doméstico, actuando co propósito de menoscabar a integridade da súa cadela de raza mestiza”.

Segundo informou El Refugio, a cadela “foi sometida a todo tipo de padecementos, tales como tela atada e encadeada de forma permanente sen proporcionarlle comida, bebida, nin atención veterinaria, ata o punto de provocarlle a mediados de novembro do 2019 un fallo cardio-respiratorio que acabou coa súa vida”.

A maxistrada deste Procedemento Xudicial condenou ao veciño de Olveira a unha pena de 9 meses de prisión, coa accesoria de inhabilitación para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena, e inhabilitación especial durante 4 anos para o exercicio de profesión, oficio ou comercio relacionado con animais, e para a tenza dos mesmos. Así mesmo condénao ao pago das costas.

Segundo relata Nacho Paunero, presidente de El Refugio, “É un orgullo poder a contribuír a lograr unha nova condena de prisión para outro caso de malos tratos animais no noso país. Mentres exista malos tratos e abandono de animais, o equipo de El Refugio continuará batallando contra quen non respectan o dereito dos animais para gozar dunha vida saudábel, segura, e feliz. E por suposto, expresamos o noso agradecemento a todas as persoas que apoian o noso labor, facendo posíbel a consecución de todas estas condenas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...