Xa é efectivo o inicio das obras para a construción das novas instalacións de A Creba, en Noia

25 Abril 2025

A asociación inclusiva A Creba, focaliza principalmente no Barbanza e centrada en romper barreiras arredor da saúde mental, acaba de poñer en marcha as obras para a construción das súas novas instalacións, na vila de Noia.

Segundo confirmaron fontes da entidade, as obras comezaron coa fachada, illamento exterior, calefacción e climatización. A previsión inicial é que a Asociación Pro-Saúde Mental A Creba poida estrear nova sede antes do remate deste ano.

Este investimento é financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2024.

O proxecto vai permitir reforzar os servizos de atención e coidado, así como a promoción da autonomía das persoas con problemas de saúde mental.

Dende A Creba poñen o foco nas principais vantaxes que vai reportar o inmóbel á comunidade: “O feito de emprazarase no medio da comunidade vai facilitar considerablemente o acceso o servizos comunitarios (C. de Saúde, Concello, Seguridade Social, Inem….), as relacións coa veciñanza e o achegamento as actividades lúdicas e culturais da vila”.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.