Novamente os areais do Barbanza acadan a cualificación de excelente agás Testal e Virxe do Camiño

23 Abril 2025

Dende o Concello de Porto do Son lembran que xa podemos consultar novo informe sobre o Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, no que se dá conta, entre outros parámetros de interese, da calidade das augas dos diferentes areais e áreas de baño da xeografía galega. No caso de Porto do Son volve acadar un pleno de calidade excelente para todas as súas praias. Semellantes cualificacións positivas (excelentes) obtiveron Boiro (con Peralto pendente de confirmar datos, xa que se atopa en fase de avaliación), A Pobra, Rianxo, Ribeira e Outes. Ningún destes concellos figura na listaxe de aqueles onde se rexistraron zonas de baño prohibidas.

Nesta listaxe de areais con prohibición permanente volven figurar Testal (Noia) e a A Virxe do Camiño (Muros). No resto de areais de Noia e Muros está permitido o baño. No caso de Muros, o concello obtén a cualificación de excelente para a súa vintena de areais (agás A Virxe do Camiño). Por outra banda, Boa Grande e Boa Pequena (Noia) tamén obteñen o mesmo recoñecemento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.