Alex Pernas presenta en Ribeira este venres o seu novo libro, “Paspartue”

22 Abril 2025
Screenshot

A Asociación Cultural Barbantia, o xornal La Voz de Galicia e o Concello de Ribeira organizan este venres 25 de abril unha nova presentación literaria: a presentación do libro Paspartue, do escritor, músico e enxeñeiro informático coruñés Alex Pernas.

A cita será ás 20.30 horas no salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira. Intervirán, xunto co autor, Encarna Pego, vicepresidenta de Barbantia, Milagros Torrado, secretaria de Barbantia, e Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira. Na cita tamén será presentado o suplemento cultural A Voz de Barbantia número 204, que sairá á rúa o sábado 26 de abril xunto con La Voz de Galicia.

Alex Pernas desenvolve a súa carreira coma enxeñeiro de software. No ámbito cultural formou parte de varias formacións musicais, estando na actualidade na banda de metal Oymyakon. A obra Paspartue é o seu cuarto libro, despois da publicación da novela Xarfas e dos libros de relatos A Paga e De entre as tebras.

Sinopse de Paspartue

A primeira vez que naceu fíxoo nun primeiro de xaneiro.

Ás cero horas, cero minutos, e cero segundos, viu por primeira vez a luz o primeiro dos Paspartues.

O primeiro dunha estirpe maldita, escrava dun lúgubre destino.

Esta é a historia dunha obsesión, dunha fixación enfermiza por outra alma, por outro ser ao que perseguirá ao longo dos anos e das vidas. Un relato atroz no que o renacer está ligado á repetición, e no que os propios froitos da maldición serán os que propicien que o pesadelo nunca teña fin.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.