José Luis Oujo avalía coa Xunta diversas vías de mellora para o rural de Porto do Son

16 Abril 2025

O alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, mantivo este 16 de abril unha xuntanza de traballo coa conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e co director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, na que se abordaron diversos asuntos de interese para o municipio relacionados co ámbito rural.

Durante a reunión, o rexedor trasladou ao Goberno galego diferentes necesidades do Concello en materia de desenvolvemento rural, coa finalidade de “establecer vías de colaboración que permitan mellorar a calidade de vida da veciñanza, potenciar o aproveitamento sostíbel dos recursos naturais e reforzar a prevención de incendios forestais”.

O alcalde agradeceu a disposición mostrada pola Conselleira e o Director Xeral destacando que “este tipo de encontros son fundamentais para avanzar na mellora do noso rural. A colaboración entre administracións é clave para dar resposta ás demandas dos nosos veciños e veciñas”, sinalou José Luis Oujo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.