A ABE celebra o Día da Nai cun sorteo de 6 “Caixas Benestar” e un selo especial que garante a procedencia local dos premios

15 Abril 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha unha nova campaña para celebrar o Día da Nai e co obxectivo de “recoñecer o papel das nais, impulsar as vendas no comercio local e premiar á clientela dos negocios asociados”. Entre o 16 de abril e o 4 de maio, tódalas persoas que merquen en establecementos asociados poderán participar no sorteo de 6 Caixas Benestar, rexistrando os seus tíckets de compra na web da patronal.

O sorteo realizarase o luns 5 de maio.

As Caixas Benestar inclúen, segundo informou a ABE, “un completo feixe de produtos de beleza e saúde, acompañados dunha caixa de Bonos ABE que poden trocarse en empresas asociadas dedicadas ao coidado persoal, como salóns de peitado, centros de estética, clínicas de podoloxía, masaxes, dentistas, farmacias, herboristerías, droguerías e outros negocios afíns”.

Novidade, selo produtos das empresas asociadas

A patronal de Boiro explica tamén que a gran novidade desta campaña é a creación dun selo identificativo que certifica que todos os produtos e servizos que sortea a ABE son adquiridos exclusivamente a empresas asociadas. “Este selo, que se poderá ver no cartel da campaña e noutros materiais promocionais, é unha mostra clara do noso compromiso coa nosa rede de socios, garantindo que os beneficios das súas accións promocionais reverten directamente no tecido comercial e empresarial da vila”, explicaron fontes da asociación de empresarios, engadindo que “este selo é máis ca unha imaxe: é unha declaración de principios. Queremos que se saiba que na ABE facemos campañas que volven á casa, que apoian aos nosos socios e socias e que poñen en valor o que temos preto”, destacou, Daniel García, presidente da asociación.

Para García, “esta acción reflicte a vontade da asociación de crear campañas sostíbeis, éticas e de impacto real, nas que a promoción do consumo local non sexa só un lema, senón unha práctica constante”.

Con esta nova campaña, ABE continúa fortalecendo a súa aposta por un modelo de economía circular local, no que gañan os consumidores, gañan as empresas e gaña o pobo.

Esta campaña está co-finaciada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.