Fin do carné de conducir indefinido para maiores de 65

14 Abril 2025

 A DXT quere poñer fin ao carné indefinido para eles. A nova normativa reduce o tempo de validez do carné segundo avanza a idade. A partir dos 70 anos haberá que renovalo cada dous anos

Driver hands holding steering wheel driving a car

A favor das novidades da Dirección Xeral de Tráfico está o director da Autoescola Faro Andrés Bugallo: “Queren poñer ata os 65 como estaba, despois de 65 a 70 cada 5, e a partir de 70 cada dous. Pero, sobre todo, o importante é que endurecen as probas e adáptanas un pouco máis a ese público maior que ten unhas caracterísitcas que poden empeorar con moita rapidez para intentar que a xente que renova o carné de conducir si estea en verdadeiras condicións de conducir”.

Os maiores de 65 agora deberán superar probas médicas e psicolóxicas máis exhaustivas que os psicotécnicos actuais. Agora deberán amosar agudeza visual, reflexos e coordinación motora, e non presentar deterioración cognitiva ou problemas cardiovasculares e neurolóxicos. Algúns dos condutores veteranos asúmeno con resignación, pero moitos non. 

En prol desa seguridade viaria, se un condutor non pasa eses controis, a DXT poderá denegarlle o permiso de conducir ou renovalo con limitacións, por exemplo, prohibindo conducir de noite ou en autoestradas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.