O Concello de Lousame organiza un contacontos sensorial para bebés

04 Abril 2025

O Concello de Lousame organiza un contacontos sensorial para bebés, que terá lugar na Casa da Cultura o próximo sábado 12 de abril, ás 12:00 horas. Durante media hora, nenos e nenas de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos desfrutarán dunha sesión que mestura voz, música, cores e sensacións.

A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, sinala que “os primeiros anos de vida dos nosos nenos e nenas son moi importantes no seu desenvolvemento sensorial, sensitivo, emocional, intelectual e afectivo. Por iso, a través de sesións coma este contacontos sensorial axudámolos no seu desenvolvemento neuronal, no desenvolvemento da súa imaxinación e no amor polos libros, ademais de darlles unhas pautas ás familias para que lles sigan lendo, cantando e desfrutando da lectura nas súas casas”.

Unha iniciativa iniciada o ano pasado cun contacontos realizado por Raquel Queizás e que ten continuidade este ano dentro das actividades de promoción da lectura organizadas polo Concello de Lousame, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, dentro do programa Ler conta moito. O número de prazas é limitado e as inscricións son de balde e por orde de anotación a través de www.bandoticket.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.