Isabel Risco leva a Muros (este sábado) as novas andainas de “Nabiza Girl”

02 Abril 2025

Este sábado 5 de abril, ás 20.30 horas, o auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros vai dar acollida á función Nabiza Girl II: O extraño caso da cultura minguante, a cargo da contadora, humorista e monologuista Isabel Risco. O prezo será de 3,00 € e o público recomendado de máis de 13 anos. A duración da función é de aproximadamente 70 minutos. As reservas poden facerse na rede a través do documento habilitado.

Isabel Risco preséntanos de novo á superheroína máis irreverente de Galicia: Nabiza Girl, a nosa loitadora do rural, que regresa ao ataque con “máis forza, máis humor e máis ganas de dalo todo”, adianta, engadindo que nesta nova aventura, terá que enfrontarse a inimigos insospeitados para loitar contra a desaparición da cultura. A concelleira de Cultura, Caridad González, subliña que “a peza Nabiza Girl II promete facer reflexionar ao público ao tempo que garante unha noite de risas.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.