Comezaron no Son os obradoiros de benestar social encadrados na celebración do pasado 8M

31 Marzo 2025

A Biblioteca Municipal de Porto do Son acolleu os días pasados a presentación dos Obradoiros de Benestar Psicolóxico, un programa de actividades aberto a toda a veciñanza e que se encadra na ampla axenda de eventos, xornadas e encontros argallada polo Concello (Concellería de Benestar Sociall) para celebrar o 8M, Día Internacional da Muller. No primeiro dos obradoiros, centrado en técnicas de autocoñecemento, participou o concelleiro Pepe Lijó, compartindo coas veciñas participantes os detalles do programa.

Este programa, financiado a través do Pacto de Estado, inclúe sesións sobre autocoñecemento (o 28 de marzo), sobre arte-terapia e autodescubrimento (o 11 de abril), sobre como regular o sistema nervioso (o 25 de abril), sobre técnicas de control de pensamento (o 9 de maio), sobre como traballar coas preocupacións (o 23 de maio) e sobre como recoñecer as emocións (I e II, o 6 e o 13 de xuño). A sesión de peche será o 20 de xuño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.