Nenos e nenas de infantil do CEIP de Aguiño asistiron á visita teatralizada “As heroínas de Sálvora e o Santa Isabel”

28 Marzo 2025

Este venres 28 de marzo comezaron as visitas teatralizadas organizadas polo Museo Municipal de Ribeira que se van desenvolver até o mes de xuño (incluído) tratando a temática das Heroínas de Sálvora e do buque Santa Isabel. A iniciativa vai dirixida ao público infantil e nela participarán os diferentes colexios do municipio.

Este ciclo de visitas inaugurouse este venres 28 coa presenza dos alumnos/as de infantil do CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño que leva precisamente o mesmo nome da exposición a teatralizar. Asistiron tamén a concelleira de Cultura, Antía Alberte e o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes.

A concelleira informou que foi unha actividade proposta polo técnico do museo, Miguel Vidal apuntou, “e unha actividade na que están convidadas as escolas do municipio, estamos contactando con elas e incluso de fóra para que veñan, todo con reserva previa para avisar a Cipriana para que nos veña a explicar que pasou aquela fatídica noite do 2 de xaneiro do nao 1921”.

A edil engadiu que “comezamos dende as escolas porque pensamos que dende a nenez temos que transmitir eses valores de arraigamento, e nutrilos da historia do noso municipio”.

Para rematar o concelleiro do Mar agradeceu a iniciativa do Museo Municipal, onde hai unha exposición permanente sobre as Heroínas de Sálvora e o Santa Isabel, e aproveitou para anunciar “que o vindeiro 18 de abril, aquí neste espazo faremos a Homenaxe á Muller do Mar, poñendo o foco este ano nas nosas redeiras”.

Inscricións para a visitas teatralizadas

Tfno. 981.87.35.95 (en horario de 10:00-13:00h).

Correo-e: museo@ribeira.gal

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.