Martes 25, regresa o bo tempo

24 Marzo 2025

Este martes, Galicia experimentará unha recuperación gradual da influencia anticiclónica. Durante a mañá, espérase un ceo parcialmente nubrado con néboas en zonas do interior e posibilidade de chuvascos no terzo norte. Co avance do día, os ceos iranse abrindo, especialmente nas zonas do sur da comunidade.

As temperaturas mínimas rexistrarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas tenderán a subir. O vento soprará do nordés, con intensidade moderada no litoral e máis frouxo no resto do territorio.

meteogalicia

A previsión avanza tempos eco e soleado durante o menos dúas semanas.

Avance Meteoblue

O noso mar: Vento do norte á mañá e á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 4 á mañá, 3 a 5 á tarde e 4 a 5 á noite. Marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá, 1 a 2 metros á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.