Ribeira impulsa un Laboratorio de Transformación Cohesiva para reducir as desigualdades e reforzar a cohesión local

19 Marzo 2025

Ribeira deu este 19 de marzo un novo e relevante paso en materia de fomento da innovación social. Fíxoo impulsando un Laboratorio de Transformación Cohesiva para reducir as desigualdades e reforzar a cohesión local. O Eixo Atlántico lidera este modelo pioneiro no marco da Axenda Urbana 2030, no que traballa conxuntamente co Concello de Ribeira e Deusto Cities Katedra.

Na presentación do laboratorio estiveron presentes o rexedor ribeirán, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, a concelleira de Cultura, Antía Alberte xunto con Xoán V. Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico e Roberto San Salvador, autor do informe e experto da Universidade de Deusto.

Segundo explicaron, o laboratorio ten como obxectivo deseñar, implementar e avaliar un modelo de gobernanza máis democrático, inclusivo e cohesivo. A través dunha serie de sesións de traballo con representantes políticos, técnicos, empresas, asociacións e cidadáns, búscase reducir as brechas de vulnerabilidade e desigualdade na contorna. Deste xeito, proponse un modelo de políticas sociais personalizadas e innovadoras para fomentar a equidade e a integración de todos os colectivos sociais.

Nas distintas fases do proceso, que inclúen mesas de traballo e actividades participativas, abordaranse temas clave como a igualdade de xénero, a inclusión social, o acceso á vivenda e o benestar da mocidade. Búscase transformar as políticas actuais cara a un modelo máis próximo ás necesidades individuais, superando as barreiras da exclusión social, sinalaron, engadindo que “ a través da experiencia piloto en Ribeira, están a construírse as bases para un ecosistema de innovación transformadora que non só mellorará as políticas locais, senón que tamén servirá de modelo replicábel para outras localidades do Eixo Atlántico”.

O rexedor explicou que este proxecto reflicte o compromiso de Ribeira coa Axenda Urbana 2030, promovendo un desenvolvemento sostíbel, inclusivo e centrado nas persoas.

Ribeira2029: preocupacións da mocidade

O Fórum da Xuventude Coesa, celebrado o 24 de xaneiro de 2024 en Ribeira, tamén serviu como punto de partida para a reflexión sobre o futuro do municipio no marco da iniciativa Ribeira2029. Durante as sesións, os mozos e mozas participaron activamente na construción dun escenario para a Ribeira do futuro, onde compartiron as súas aspiracións e desafíos para os próximos anos. Na súa visión da cidade para 2029, destacaron a necesidade dunha urbe con máis oportunidades laborais, especialmente para a mocidade, cun forte sentido de identidade e cohesión social.

Os participantes expresaron o seu desexo de que Ribeira se converta nun referente cultural, un lugar vibrante cunha oferta diversa de actividades que enriquezan a vida comunitaria. Na súa proposta, tamén subliñaron a importancia de “reducir a dependencia do autoemprego, fomentando un entorno empresarial máis dinámico e con empresas que ofrezan empregos estábeis e de calidade”. Ademais, na súa visión de futuro, os mozos e mozas avogaron por un municipio máis verde, con máis espazos públicos que fomenten a interacción social e a vida saudábel.

Pérez Barral agradeceu ao secretario xeral do Eixo Atlántico e a Roberto San Salvador, autor da publicación que se fixo directamente en Ribeira xunto con outros concellos de Portugal. “Hoxe o que estamos presentando son as conclusións dunha experiencia piloto que se desenvolveu na nosa cidade de maneira participativa e de forma coordinada cos sectores sociais locais e tamén cos propios sectores administrativos do Concello de Ribeira”, salientou, engadindo que é a primeira vez que se fai algo así en Ribeira; o de implicar a sectores sociais activos da nosa cidade e as áreas gobernamentais de diferentes ámbitos.

“Cando se fala de cohesión social sempre focalizamos nos Servizos Sociais, pero temos que darnos conta que hoxe en día a poboación presenta múltiples casuísticas e dende o concello detectamos perfectamente que había que facer un traballo de forma coordinada entre todos os departamentos que ten o concello para chegar a facer de Ribeira un sitio mellor para vivir e para traballar”, sinalou Luís Pérez.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...