O BNG reclama á Xunta medidas para loitar contra as especies invasoras na costa galega

18 Marzo 2025

A portavoz de Mar do BNG, Rosana Pérez, reclamou na comisión de Pesca deste martes 18 de marzo a presentación por parte do Goberno galego de informes, de existiren, sobre a detección, incidencia, risco de expansión e consecuencias sobre a biodiversidade do medio mariño nas costas galegas especies invasoras como a alga asiática, o xacinto de auga ou o verme postenterogonia orbiculari —coñecido comunmente como planaria— e o pyura herdmani, que lle afectan aos bivalvos.

Pérez incidiu que estas especies constitúen “unha ameaza máis para un sector ao que a Xunta condena coa súa intención de implantar Altri no corazón de Galiza”. Engadiu que “diante desta situación que ninguén entendería nun país que tivese un Goberno que traballase para o propio país e a súa xente, e non para a instalación de macrocelulosas como a de Altri e explotacións mineiras como a de Touro ou a de San Finx, temos agora un problema que cada vez medra máis e que tampouco é novo”, lamentou.

Asegurou “descoñecer se a Xunta está a intensificar os controis e a realizar un seguimento desas especies, tal e como vén de esixir tamén o secretario do Consello Regulador da DOP Mexillón de Galiza, quen lle reclamou  responsabilidade á Xunta de Galiza e manter a vixilancia”, sinalou, engadindo que “parécenos ben que a Consellería lle pida calma ao sector, pero alén diso, que están a facer?”, preguntou a deputada.

Afirmou que “se o Goberno galego  defendese e que valorase o que significa o sector para Galiza non estaría botando balóns fóra, tachando aos grupos políticos e aos medios de comunicación de alarmistas ou criticando os concellos e esixíndolles que se encarguen eles de xestionar o problema”.

Na iniciativa pedíase ademais que se activen as medidas de alerta necesarias que eviten o establecemento, a mobilidade e a dispersión desas especies para así minimizar os posíbeis riscos, sendo conscientes de que no noso litoral existen máis de 3.000 bateas de mexillón . “Calma si pero sen pausa”, pediu Pérez, instando a “poñer todos os medios para tratar de que o mal non vaia a maiores”, e lembrando que, tal e como sostén a comunidade científica, a previsión e detección temperá son cruciais para evitar problemas máis serios.

Propuxo ademais que o establecemento de directrices claras a respecto da xestión, do control e da posíbel erradicación destas especies invasoras, e non ”confusión e demoras nas actuacións”, aclarou, subliñando que a Xunta non debe escatimar medidas de ningún tipo, tampouco en materia orzamentaria, porque o dano pode ser importante e porque xa o está a ser nalgúns casos como o do xacinto de auga”. “Débense dedicar todos os esforzos a investigar, detectar, vixiar e mitigar a expansión”, recalcou.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.